A XXXIV Regata Provincial de Piragüismo volve a Allariz o 18 de agosto
O domingo, 18 de agosto, a partir das 11:00 horas, celebrarase no Embarcadoiro da Alameda de Allariz a Regata Provincial de Piragüismo "Festa da Emapanada".
A competición, que reúne cada ano a equipos de diferentes puntos da provincia, é unha oportunidade para demostrar a destreza e a habilidade no manexo das embarcacións.
As probas forman parte da programación da tradicional Festa da Empanada de Allariz, que terá lugar do 16 ao 18 de agosto de 2024. O evento mezcla a música e a gastronomía con diferentes probas deportivas, convertíndose nunha das citas de referencia do verán ourensán grazas á súa variada programación.
Á esta competición hai que sumar ademais o Tríatlon Vila de Allariz, que terá lugar o sábado, 17 de agosto, ás 18:00 horas na Alameda.