Abertas as inscricións para o Día da Bici no Pereiro de Aguiar

OurenseXa
A xornada celebrarase o 6 de setembro cun percorrido de 5 quilómetros, música e actividades festivas
dia-da-bici-pereiro-de-aguiar
29 Jun 2026

O Concello de Pereiro de Aguiar ten abertas as inscricións para unha nova edición do Día da Bici, unha proposta deportiva e de lecer pensada para toda a veciñanza que se celebrará o vindeiro 6 de setembro de 2026.

A actividade dará comezo ás 11:00 horas, cunha saída desde a Praza do Concello e un circuíto único de 5 quilómetros. Será obrigatorio o uso de bicicleta e casco para participar.

As inscricións poderán formalizarse ata o 15 de agosto a través da web municipal e incluirán dereito a camiseta conmemorativa.

Tras o percorrido, a xornada continuará cun programa festivo que incluirá música cun DJ, sorteos e outras actividades de ambiente familiar, nunha proposta pensada para fomentar a participación e o deporte ao aire libre.

0.12290000915527