Aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán en inglés en Paderne de Allariz

OurenseXa
O programa está destinado a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos e desenvolverase entre o 22 e o 30 de xuño
campamento-actividades-nenos
5 May 2026

O Concello de Paderne de Allariz abriu o prazo de inscrición para o campamento de verán en inglés, unha actividade gratuíta dirixida á infancia do municipio.

O programa está destinado a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos e desenvolverase entre o 22 e o 30 de xuño, en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Trátase dun campamento no que se realizarán actividades en lingua inglesa que inclúen deportes, propostas creativas, cociña e contidos de carácter cultural, co obxectivo de favorecer o contacto co idioma a través do xogo e a participación.

0.13873410224915