Aberto o prazo de inscrición para o concurso ‘Decorando o Nadal’ en Xunqueira de Ambía

As persoas interesadas en participar poderán presentar as súas solicitudes ata o 20 de decembro
concurso-decorando-nadal-xunqueira
10 Dec 2024

O Concello de Xunqueira de Ambía pon en marcha o concurso ‘Decorando o Nadal’, un certame destinado a persoas e grupos de todas as idades que contará con catro categorías diferentes: individual, colectivo, Beléns, negocios e escaparates e unha categoría infantil. O prazo de presentación estará aberto ata o 20 de decembro.

O premio para as categorías individual, colectiva e de Beléns serán lotes de produtos de Nadal, mentres que para os establecementos o premio será unha mención especial, un título acreditativo e un agasallo sorpresa.

As persoas interesadas en participar poderán presentar as súas solicitudes a través do correo electrónico concursonadalxunqueira@gmail.com ou ben nos teléfonos 666 158 430 ou 600 746 234.

⚙ Configurar cookies
0.37314510345459