Aberto o prazo de presentación para o II Concurso de decoración de Samaín en San Cibrao das Viñas

O prazo estará aberto ata o 6 de novembro
Cartel do Concurso de Decoración de Samaín en San Cibrao das Viñas
Cartel do Concurso de Decoración de Samaín en San Cibrao das Viñas
20 Out 2024

O Concello de San Cibrao das Viñas pon en marcha por segundo ano o Concurso de Decoración de Samaín, no que poderán participar todas aquelas persoas empadroadas que realicen a súa montaxe no seu balcón, ventá, porta, fachada da casa ou xardín, na parte que dea a vía pública e ten que ser do domicilio da persoa que se presenta a este concurso.

Os interesados poden participar enviando dúas fotografías da súa decoración ao correo cultura@sancibrao.es antes do 6 de novembro.

O Concello repartirá este ano un total de seis premios que oscilarán entre os 200 e os 75 euros para as mellores decoracións.

0.10469198226929