Aberto o prazo de solicitudes na Escola Infantil de Allariz

OurenseXa
O prazo para solicitar unha praza para o curso 2024/2025 na Escola Infantil de Allariz permanecerá aberto ata o 5 de abril
escola-infantil_allariz
Aberto o prazo de solicitudes na Escola Infantil de Allariz
18 mar 2024

O Concello de Allariz abre o prazo para solicitar unha praza na Ecola Infantil de Allariz, "A Galiña Azul", que permanecerá aberto dende este luns 18 de marzo ata o vindeiro 5 de abril.

Os interesados poderán formalizar as solicitudes de forma presencial entre as 10.00 e as 12.00 horas da mañá, e polas tardes en horario de 13.00 a 14.00 horas. Ademáis, tamén poderán facelo a través do teléfono 988 440 219 o na web www.igualdadebenestar.org.