Aberto o prazo de solicitudes para o Programa de Envellecemento Activo do Concello de Ourense

OurenseXa
Para este ano, o Concello ofrecerá clases de ximnasia, informática, natación, manualidades, memoria, teatro, pilates, Tai Chi, ioga, estimulación cognitiva e benestar, entre outras actividades
Concello de Ourense
Concello de Ourense
16 Out 2024

Concello de Ourense vén de publicar as bases do Programa de Envellecemento Activo, unha iniciativa destinada a persoas de  60 anos ou máis empadroadas no Concello de Ourense.

Para este ano, o Concello ofrecerá clases de ximnasia, informática, natación, manualidades, memoria, teatro, pilates, Tai Chi, ioga, estimulación cognitiva e benestar, entre outras actividades.

Os solicitantes deberán estar empadroados no Concello de Ourense e ter os 60 anos cumpridos no momento da publicación das normas de inscrición. Ademais, só estará permitido facer unha solicitude por persoa e nun máximo de tres actividades.

Os interesados poden anotarse a través da páxina web do Concello de Ourense ou chamando aos teléfonos  988 393 107 ou 988 388 171.

0.18959999084473