Aberto o prazo de solicitudes para participar na Romaria Etnográfica Raigame

OurenseXa
Nesta edición, a Romaría centrará a súa actividade no oficio dos "dulceiros"
Romaria_Raigame
Romaría Etnográfica Raigame
20 feb 2024

O prazo de solicitude para participar na Romaría Etnográfica Raigame queda aberto dende este martes 20 de febreiro ata o próximo 17 de marzo, cando a organización procederá á selección de participantes.

Aquelas persoas que desexen participar coa demostración de antigos oficios, traballos artesáns ou outro tipo de actividades de venda de productos tradicionais ou gastronómicos poderán descargar o formulario de solicitude e as normas que regulan a participación na web de Raigame ou nos enlaces habilitados na páxina web do Concello de Celanova.

Nesta edición, que terá lugar o próximo 17 de maio con motivo das Letras Gelgas, a Romaría Raigame centrará a súa actividade e o protagonismo da xornada no antigo oficio dos “dulceiros”, para o cal convidará a participar a unha representación de artesáns que traballen a docería por tódalas comarcas co fin de ofrecer unha visión de conxunto da riqueza gastronómica existente en Ourense no sector dos doces.

Dende a organización destacan que o obxectivo de Raigame é consolidar a participación da veciñanza de Vilanova dos Infantes no engalanado de fachadas, corredores e galerías, co obxectivo de que os veciños se impliquen activamente na mellora estética do núcleo vilanovés durante toda a xornada, para convocarase de novo o concurso de engalanado.

Tamén se simplificarán os concursos de vídeo e de fotografía, ampliando os mesmos a tódalas persoas que desexen participar a través das redes sociais da romaría.