Aberto o prazo para presentarse ao concurso para elixir do cartel oficial do Entroido de Frei Canedo 2025
A Asociación Cultural Frei Canedo da Ponte organiza un ano máis o concurso para elixir o cartel oficial do seu Entroido de 2025. O prazo para presentar as propostas estará aberto ata o vindeiro 31 de xaneiro e o gañador darase a coñecer o 7 de febreiro a través das redes sociais da asociación.
O premio desta edición será de 100 euros para o gañador ou gañadora, que o recibirá o luns 3 de marzo durante os actos do pregón.
O concurso é libre e está aberto á participación de persoas de todas as idades. O único requisito é que o cartel terá que incluír elementos relacionados co Entroido e co barrio da Ponte, así como unha adaptación da figura de Frei Canedo. Os interesados en participar poderán enviar as súas propostas ao correo electrónico asociacionculturalfreicanedo@gmail.com.