Abre o prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2026 de Nogueira de Ramuín

O Concello de Nogueira de Ramuín vén de abrir prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2026, incluído no Programa Concilia, unha iniciativa dirixida a facilitar a conciliación familiar durante o período estival.
As solicitudes poderán presentarse ata o 19 de xuño, e o campamento desenvolverase ao longo do mes de xullo e da primeira quincena de agosto.
A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 13 anos e inclúe unha programación variada con manualidades, obradoiros creativos, piscina, excursións, música e outras actividades lúdicas e educativas.