Abre o prazo de preinscrición para as Escolas DepOUrtivas de Verán 2026

Este mércores abre o prazo de preinscrición para participar nas Escolas DepOUrtivas de Verán 2026 da Deputación de Ourense, unha proposta pensada para ofrecer á cativada un verán activo, divertido e centrado na práctica deportiva.
A actividade está dirixida a nenos e nenas da provincia de Ourense nados entre os anos 2012 e 2022, combinando diferentes disciplinas deportivas e xogos nunha programación adaptada ás idades dos participantes.
As escolas desenvolveranse en varias quendas ao longo do mes de xullo: do 6 ao 10, do 13 ao 17, do 20 ao 24 e do 27 ao 31 de xullo. O horario será de 09:00 a 14:00 horas, con servizo de madrugadores dispoñible desde as 08:00 horas para facilitar a conciliación das familias. O custo da actividade é de 30 euros por semana.
En canto ao calendario de inscrición, o prazo de preinscrición permanecerá aberto desde o martes 26 de maio ata o mércores 3 de xuño. A listaxe de persoas admitidas publicarase o 5 de xuño, e a formalización da matrícula deberá realizarse entre o 9 e o 15 de xuño.