Acusan a Jácome de vetar ao xornalista Pepe González como pregoeiro das Festas da Ponte

OurenseXa
Desde o PSOE denuncian esta situación logo de que propio xornalista afirmase que o rexedor negouse a que dera o discurso de apertura ante representantes da comisión de festas
jacome_2
Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense
23 Xul 2024

O grupo municipal do PSdeG no Concello de Ourense censura que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, vete como pregoeiro das Festas da Ponte ao xornalista de extensa e recoñecida traxectoria nas ondas ourensás, Pepe González, logo de que o mesmo afirmase que o rexedor “púxose como unha fera” con representantes da comisión de dito barrio “negándose” a que dera o discurso de apertura dos días de celebración.

As e os socialistas reiteran que o dirixente de Democracia Orensana actúa "como un pequeno dictador e furta á cidadanía a posibilidade de decidir quen debe ser o pregoeiro das súas festas, neste caso en concreto en base a inquinas persoais e preferencias mediáticas individuais". Así as cousas, lamentan que un orgulloso veciño de A Ponte que é exemplo de calidade humana e compromiso social vexa o seu micro apagado mentres o alcalde sube aos palcos das orquestras continuamente para darse baños de masas.

Así as cousas, o grupo do PSdeG esíxelle ao rexedor "que deixe de actuar como presidente dunha comisión de festas e se adique a gobernar con dilixencia a terceira cidade de Galicia".

0.2055549621582