AFAOR impulsa en Allariz un obradoiro de estimulación cognitiva para maiores de 50 anos

OurenseXa
A iniciativa está orientada a mellorar de forma práctica a axilidade mental e a memoria das persoas participantes
Imaxe recurso dun cerebro
28 Apr 2026

O Concello de Allariz, en colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (AFAOR), pon en marcha un novo Obradoiro de Estimulación Cognitiva dirixido a persoas maiores de 50 anos.

A iniciativa está orientada a mellorar de forma práctica a axilidade mental e a memoria das persoas participantes. O grupo atópase case completo, polo que se recomenda ás persoas interesadas formalizar a inscrición canto antes para asegurar a súa praza.

O obradoiro desenvolverase no local da A.A.V.V. de Gundiás a partir deste martes 28 de abril, e celebraranse cunha periodicidade semanal en horario de 16:00 a 17:30 horas.

0.13388109207153