ALCER Ourense organiza unha actividade infantil para concienciar sobre a doazón de órganos

OurenseXa
Os pequenos e pequenas da cidade poderán gozar dunha decena de actividades o vindeiro sábado, 26 de outubro, na pista pequena do Paco Paz
inchables-recurso
Alcer Ourense no Día do Doante de Órganos
10 Oct 2024

A asociación para a loita contra as enfermidades renais de Ourense (ALCER) organiza unha festa infantil o sábado 26 de outubro na pista pequena do Paco Paz, que terá lugar entre as 16.30 e as 19.30 horas.

O evento está dirixido a familias con menores xa que, ademais de ter unha mesa na que darán información sobre a enfermidade renal e sobre doazón de órganos, tamén e contarán con inchables, xogos infantís, maquillaxe ou a visita especial de Mickey e Minnie.
Tamén estará prevista a exhibición de vehículos, como unha ambulancia, que os pequenos e pequenas poderán tocar, ver por dentro e incluso sacar unha foto neles.

Ao igual que o ano pasado a entidade encargarase de ofrecer unha merenda saudable, para adultos e menores, que contará coa opción sen lactosa, sen glute e adecuada á dieta renal, para que todas as participantes poidan picar algo a media tarde.

As entradas, que teñen un coste de 5 euros para maiores de 3 anos, e será gratuita ata os 2 anos, xa están á venda na propia asociación e no posto de información do Centro Comercial Ponte Vella, ademais a entidade pon a disposición un Bizum para quenes non podendo asistir, queiran aportar o seu gran de área, facendo unha doazón co código 07312.

Coa compra de entrada, cada participante entrará no sorteo de 3 agasallos para crianzas que a asociación realizará ao longo da tarde.

Os cartos recadados irán destinados a manter os servizos de información, atención social e nutrición que a asociación desenvolve.

ALCER Ourense é unha asociación dedicada á atención de persoas con enfermidade renal crónica e familiares cunha traxectoria de máis de 40 anos dando servizo, previndo a enfermidade e fomentando a doazón de órganos.

2024-10-26 Festa infantil ALCER Ourense (Documento (A4))
0.16755199432373