Alerta amarela por calor esta tarde en varias zonas de interior das tres provincias

GaliciaXa | TerraChaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | FerrolXa | OurenseXa
En concreto, prevese alcanzar os 38 graos na zona do Miño en Ourense. As máximas estarán en torno aos 36 graos no sur e noroeste de Ourense, así como no sur de Lugo
mapa-alerta-calor-galicia
14 Sep 2026

Gran parte da provincia de Ourense e o sur da provincia de Lugo atópanse este luns baixo unha alerta amarela por calor de Meteogalicia.

Zonas en nivel amarelo: Interior da Coruña, Miño de Ourense, Miño de Pontevedra, Noroeste de Ourense, Sur de Lugo, Sur de Ourense e Valdeorras.

En concreto, prevese alcanzar os 38 graos na zona do Miño en Ourense. As máximas estarán en torno aos 36 graos no sur e noroeste de Ourense, así como no sur de Lugo.

Tamén están en alerta pola mesma circunstancia a zona de Miño de Pontevedra, Valdeorras e o interior da Coruña. As horas de maior alerta serán entre as 15.00 e as 21.00 horas.

Non obstante, unha fronte pouco activa chegará a Galicia este martes, 15 de setembro, pola mañá, cun aumento de nubes e un notable descenso das temperaturas.

Interior da Coruña: Ames, Aranga, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, A Capela, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesía, Monfero, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, As Pontes de García Rodríguez, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Vilasantar.

Noroeste de Ourense: Amoeiro, Avión, Beariz, Boborás, O Carballiño, Coles, O Irixo, Maside, A Peroxa, Piñor, San Cristovo de Cea, Vilamarín.

Miño de Ourense: A Arnoia, Barbadás, Beade, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Nogueira de Ramuín, Ourense, Padrenda, O Pereiro de Aguiar, Pontedeva, Punxín, Ribadavia, San Amaro, San Cibrao das Viñas, Taboadela e Toén.

Valdeorras: O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras.

Sur de Ourense: Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Os Blancos, A Bola, Calvos de Randín, Castrelo do Val, Celanova, Cualedro, Entrimo, Gomesende, Laza, Lobeira, Lobios, A Merca, Monterrei, Muíños, Oímbra, Paderne de Allariz, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Verea, Verín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía.

Sur de Lugo: Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober, Taboada.

Miño de Pontevedra: Arbo, Crecente, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, O Porriño, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui.

0.17019891738892