Alfonso Rueda asegura que as fusións entre concellos serán voluntarias

OurenseXa
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirmou esta mañá durante a celebración do acto inaugural do I Congreso Iacobus no Campus de Ourense, que todas as posibles fusións entre concellos galegos serán voluntarias
Alfonso-rueda-ourense
18 sep 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirmou esta mañá durante a celebración do acto inaugural do I Congreso Iacobus no Campus de Ourense, que as fusións entre concellos expostas no estudo ‘Reforma do mapa municipal de Galicia’ serán de carácter voluntario.

O estudo, que se presentará oficialmente este xoves, 19 de setembro, contempla a unificación dos concellos ourensáns de Nogueira de Ramuín e Pereiro de Aguiar, pero tamén dos concellos de Sanxenxo e Meaño, Santiago e Teo, Noia e Lousame e Alfoz e O Valadouro.

O estudo encargado pola Xunta é froito dun convenio coa Fundación Juana de La Vega e conta coa participación de tres universidades que analizan a viabilidade destas fusións desde o punto de vista económico.

0.099321842193604