Allariz abre as inscricións para o Campionato de Billarda 2026 con probas para todas as idades

OurenseXa
A competición disputarase no Campo da Barreira os días 16 e 21 de agosto e o prazo para apuntarse permanecerá aberto ata o 10 de agosto
campionato-billarda-allariz
28 Jul 2026

O Campo da Barreira acollerá unha nova edición do Campionato de Billarda de Allariz, unha cita que reunirá participantes de diferentes idades en dúas xornadas de competición durante o mes de agosto.

A categoría sénior, destinada a maiores de 18 anos, disputarase o domingo 16 de agosto a partir das 9.00 horas. Pola súa banda, as probas das categorías infantil, para menores de ata 12 anos, e xuvenil, para participantes de entre 13 e 17 anos, celebraranse o venres 21 de agosto desde as 11.00 horas.

As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición ata o luns 10 de agosto na Casa da Cultura de Allariz. O campionato está aberto á participación de persoas de todas as idades, co obxectivo de fomentar a práctica deste xogo tradicional.

0.090056896209717