Allariz abre o prazo de inscrición para a Aula de Espera

OurenseXa
A aula de espera é una iniciativa de atención á infancia que ofrece aos pais e nais dos escolares a posibilidade de deixalos no centro con anterioridade ao inicio das clases
aula_de_espera_allariz
Abre o prazo de solicitudes para a Aula de Espera de Allariz
8 abr 2024
O Concello de Allariz abre o prazo de inscrición para o servizo municipal da Aula de Espera para o curso 2024-2025,
A aula de espera é una iniciativa de atención á infancia que ofrece aos pais e nais dos escolares a posibilidade de deixalos no centro con anterioridade ao inicio das clases, onde ademais poderán almorzar e participar en actividades.

Este proxecto nace da necesidade que algunhas familias precisan para atenderen os seus fillos e fillas durante o período de tempo comprendido entre a incorporación ao seu traballo ata a entrada dos nenos e nenas ao colexio.

Poderán ser beneficiarias deste servizo aquelas persoas que teñan nenos e nenas escolarizados no CEIP Padre Feijoo de Allariz, durante o período escolar comprendido entre 4º de educación Infantil e 6º de educación primaria.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende este luns, 8 de abril,  ata rematar o curso escolar 2024-2025 ou ata completar as corenta prazas dispoñibles.