Allariz abre o prazo para participar na Semana Santa ao Vivo

OurenseXa
Os artistas poderán presentar as súas solicitudes ata o 3 de marzo
semana-santa-ao-vivo-allariz
Semana Santa ao Vivo, Allariz, 2024
4 Feb 2025

A Área de Promoción Económica do Concello de Allariz abre o prazo de inscrición para artistas que desexen participar no programa cultural da Semana Santa ao Vivo 2025.

Allariz recibe miles de turistas durante as vacacións de Semana Santa, polo que, dende hai anos, o Concello organiza unha proposta cultural que conxuga arte, tradición e cultura. Entre o 17 e o 20 de abril de 2025, as rúas do casco histórico de Allariz acollerán artistas de diferentes estilos musicais para amenizar o paseo de veciños, veciñas e visitantes.

Este proxecto cultural abarca sobre todo música nos seus variados estilos, ademais doutras disciplinas artísticas susceptibles de realizarse na rúa, como danza, espectáculos de maxia ou teatro, entre outras.

O prazo de inscrición para artistas estará aberto dende ata o 3 de marzo ás 14:00 horas. A inscrición deberá realizarse por rexistro na Sede Electrónica do Concello de Allariz ou de maneira presencial nas dependencias municipais dando rexistro a súa inscrición.

A través do correo electrónico dinamizacioneconomica@allariz.gal deberase remitir o xustificante de rexistro máis o formulario de inscrición anexo e material gráfico e audiovisual do participante. A selección será comunicada ás persoas inscritas a través de correo electrónico o día 11 de marzo de 2025.

0.15330696105957