Allariz acolle a partir de setembro un curso gratuíto de iniciación á lingua e á cultura galegas

OurenseXa
A actividade está orientada a persoas maiores de 16 anos que desexen iniciarse no coñecemento do galego e achegarse á cultura propia de Galicia
curso-galgo-allariz
23 Aug 2026

O Concello de Allariz acollerá durante o mes de setembro un Curso de Introdución á Lingua e á Cultura Galegas, unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral da Lingua en colaboración co Concello no marco da Rede de Dinamización Lingüística.

A actividade está orientada a persoas maiores de 16 anos que desexen iniciarse no coñecemento do galego e achegarse á cultura propia de Galicia.

O curso desenvolverase de forma presencial entre o 1 e o 24 de setembro, con sesións os martes e os xoves en horario de 18.00 a 20.30 horas. A formación terá unha duración total de 20 horas lectivas.

Ao remate da actividade, as persoas participantes recibirán un diploma de aproveitamento expedido pola Secretaría Xeral da Lingua.

As inscricións poden formalizarse enviando un correo electrónico ao enderezo educacion@allariz.gal ata completar as prazas dispoñibles.

0.11624383926392