Allariz acolle un obradoiro de saúde comunitaria centrado nos primeiros auxilios

OurenseXa
Será este xoves no Fogar do Maior e será impartido polas enfermeiras especialistas en enfermaría comunitaria Raquel Fernández e Andrea Fernández
primeros-auxilios
27 May 2026

O municipio de Allariz celebrará este xoves 28 de maio un novo Obradoiro de Saúde Comunitaria centrado nos primeiros auxilios, unha iniciativa orientada a ofrecer ferramentas prácticas para saber actuar ante unha urxencia no día a día.

A actividade está organizada polo SERGAS, a través da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e do Centro de Saúde de Allariz, en colaboración co Concello de Allariz. A sesión está especialmente dirixida á Escola de persoas coidadoras.

O obradoiro terá lugar ás 11:15 horas no Fogar do Maior e será impartido polas enfermeiras especialistas en enfermaría comunitaria Raquel Fernández e Andrea Fernández.

A formación busca achegar coñecementos básicos en primeiros auxilios e ofrecer maior seguridade ás persoas participantes, ademais de resolver dúbidas directamente coas profesionais sanitarias.

0.12138795852661