Allariz acolle unhas xornadas sobre o uso das pantallas baixo o lema “Medrar con pantallas non é igual a progreso”

OurenseXa
A programación inclúe unha exposición do ilustrador Kiko da Silva e un faladoiro dirixido a familias e docentes
charla-pantallas-allariz
17 May 2026

A Casa da Cultura de Allariz será o escenario dunha serie de actividades centradas na reflexión sobre o uso das pantallas na infancia e adolescencia, baixo o lema “Medrar con pantallas non é igual a progreso”.

A programación inclúe unha exposición do ilustrador Kiko da Silva, que poderá visitarse até o 22 de maio na propia Casa da Cultura. Ademais, ese mesmo día, ás 19.00 horas celebrarase un faladoiro dirixido a familias e docentes, no que participará como relator Xulio Carmona, enfermeiro de saúde mental especializado en adiccións tecnolóxicas.

O encontro está organizado pola ANPA Airiña e Vilanova, asociacións de familias do alumnado do IES de Allariz, e conta coa colaboración do Concello de Allariz, así como de entidades como Escola Saudable, Ecoloxistas en Acción e Adolescencia Libre de Móviles.

A iniciativa busca promover a reflexión sobre o impacto das tecnoloxías na saúde e no desenvolvemento das persoas máis novas.

0.13050389289856