Allariz acollerá esta tarde a presentación do libro “Amar Azar” de Javier Fraiz

Allariz continúa a súa programación cultural con unha nova cita literaria na Casa da Cultura, onde se presentará o libro “Amar Azar”, do autor Javier Fraiz.
O acto contará tamén coa participación de Fernando Varela, que acompañará o autor nun encontro aberto á veciñanza e a todas as persoas interesadas na lectura e na creación literaria.
A presentación terá lugar este xoves 14 de maio ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Allariz, nun evento pensado para compartir un espazo de diálogo arredor da nova obra e achegarse ao seu proceso creativo.