Allariz acollerá o 20 de agosto a representación de teatro de rúa “As Invisibles”

OurenseXa
A obra, organizada pola Veciñanza de Allariz, estará dedicada á memoria histórica e á homenaxe
as-invisibles-allariz
15 Aug 2026

Os Xardíns do Museo do Coiro de Allariz acollerán o vindeiro xoves 20 de agosto a representación de teatro de rúa “As Invisibles”, unha proposta organizada pola Veciñanza de Allariz e coa colaboración do Concello de Allariz.

A representación, concibida como unha actividade de memoria histórica e homenaxe, comezará ás 22.00 horas e permitirá achegar ao público á historia e render tributo ás persoas que non deben ser esquecidas.

A actividade desenvolverase nos Xardíns do Museo do Coiro e forma parte das propostas culturais previstas no municipio durante o mes de agosto.

0.14869713783264