Allariz acollerá o 23 de outubro unha charla sobre o TDAH aberta a toda a veciñanza

O Fogar dos Maiores de Allariz acollerá ao longo deste mes de outubro unha charla divulgativa sobre o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), co obxectivo de ofrecer á veciñanza información rigorosa e accesible sobre esta condición.
A sesión estará a cargo da psicóloga sanitaria Paula Rodríguez, quen abordará o TDAH desde unha perspectiva próxima, tratando de eliminar prexuízos e facilitar un espazo onde resolver dúbidas sen tabús.
Segundo se trasladou, a iniciativa pretende achegar a psicoloxía e a realidade cotiá do TDAH directamente aos veciños e veciñas do concello, fomentando unha comunidade máis inclusiva, empática e informada arredor deste trastorno.
Desde a organización sinálase que o TDAH é unha cuestión que afecta a un amplo sector da poboación, xa sexa porque se convive con el de forma directa, porque está presente na contorna familiar ou escolar, ou simplemente polo interese en coñecer máis sobre esta realidade.
A entrada será libre e de balde. Próximamente darase a coñecer o horario concreto da actividade.