Allariz acollerá un obradoiro de primeiros auxilios dirixido a persoas coidadoras no Fogar dos Maiores

OurenseXa
A actividade, organizada polo SERGAS en colaboración co Concello, celebrarase o xoves 28 de maio dentro dos Obradoiros de Saúde Comunitaria da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras
Curso_primeiros_auxilios_Ourense
25 May 2026

Allariz acollerá o vindeiro xoves 28 de maio un novo Obradoiro de Saúde Comunitaria centrado nos primeiros auxilios, unha iniciativa promovida polo SERGAS a través da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e o Centro de Saúde de Allariz, coa colaboración do Concello.

A sesión está especialmente dirixida á escola de persoas coidadoras e ten como obxectivo ofrecer ferramentas prácticas para saber como actuar ante unha urxencia, reforzando a seguridade e a capacitación no día a día das persoas participantes.

O obradoiro desenvolverase ás 11.15 horas no Fogar do Maior e estará impartido polas enfermeiras especialistas en enfermaría comunitaria Raquel Fernández e Andrea Fernández.

Desde a organización destacan a importancia deste tipo de formacións para mellorar a resposta ante situacións de emerxencia e achegar coñecementos básicos que poden resultar fundamentais para a saúde e o coidado da comunidade.

0.098554134368896