Allariz acollerá unha xornada informativa sobre migración, dereitos e procesos de regularización

O Concello de Allariz acollerá este venres unha xornada informativa baixo o título “Migración, dereitos e procesos de regularización”, nun espazo de encontro e sensibilización organizado en colaboración coa entidade Accem.
A sesión celebrarase o venres 26 de xuño ás 16:30 horas no Salón de Actos de Servizos Sociais e estará centrada en ofrecer información clara e accesible sobre estranxeiría, así como en apoiar os procesos de inclusión das persoas migrantes na comunidade.
O programa incluirá a presentación de recursos e servizos de apoio, unha charla explicativa sobre os procesos de regularización e unha quenda de preguntas para resolver dúbidas das persoas asistentes.