Allariz adía a actividade “Orientaventura da Corresponsabilidade” polas condicións meteorolóxicas

O Concello de Allariz anunciou o aprazamento da actividade “Orientaventura da Corresponsabilidade”, incluída nas IV Xornadas para Familias, debido ás previsións meteorolóxicas para esta fin de semana.
Desde o consistorio explican que a decisión se toma co obxectivo de garantir que a xincana se desenvolva nunhas condicións axeitadas e sexa un espazo de desfrute para todas as persoas participantes. A nova data da actividade será comunicada proximamente a través das canles oficiais do Concello.
Para máis información ou resolución de dúbidas, a organización habilita os teléfonos de contacto 988 55 40 59 e 683 61 46 91.