Allariz celebrará o 14 de xuño a XXVII Andaina e o V Trail

Allariz acollerá o vindeiro 14 de xuño a XXVII Andaina e o V Trail, unha cita deportiva xa consolidada no calendario do municipio que mantén abertas as inscricións para todas as persoas interesadas en participar.
A proba contará con diferentes percorridos adaptados a distintos niveis de preparación, con distancias de 35, 23, 18, 14 e 8 quilómetros. Ademais, incluirá un Trailciño gratuíto dirixido á infancia, co obxectivo de fomentar a participación das familias e achegar os máis pequenos á práctica deportiva.
Desde a organización destacan tamén o compromiso ambiental da actividade, xa que se trata dunha proba “Residuo Cero”. Neste sentido, non se empregarán vasos de plástico nos puntos de avituallamento, polo que será necesario que cada participante leve o seu propio sistema de hidratación para reducir o impacto ambiental.
Para máis información ou resolución de dúbidas, a organización ofrece atención presencial na Piscina Municipal de Allariz, así como a través do teléfono 988 442 083 e do correo electrónico deportes@allariz.gal.