Allariz celebrará o Festival da Mocidade de fin de curso cunha tarde de música e actuacións

OurenseXa
O festival celebrarase este luns 8 de xuño no patio do Museo do Coiro
festival-da-mocidade-allariz
7 Jun 2026

A Casa da Mocidade de Allariz porá o broche final ao curso cun evento musical aberto ao público no que o alumnado amosará o traballo realizado ao longo do ano.

O festival celebrarase este luns 8 de xuño no patio do Museo do Coiro a partir das 19:00 horas, nunha xornada que reunirá diferentes actuacións musicais protagonizadas polos estudantes e os combos da propia Casa da Mocidade.

A iniciativa busca poñer en valor o talento novo e ofrecer un espazo no que os participantes poidan compartir co público a súa evolución artística e o traballo desenvolvido durante o curso.

0.12326097488403