Allariz celebrou a primavera coa festa dos Maios na Alameda

OurenseXa
Centros educativos, colectivos sociais e veciñanza participan nunha xornada marcada pola convivencia e a tradición
maios-allariz
3 May 2026

Allariz celebrou a chegada da primavera coa tradicional festa dos Maios, que tivo lugar na Alameda e reuniu a numeroso público ao longo da xornada, nun ambiente festivo e participativo.

Na cita participaron distintos centros educativos da vila, entre eles o CEIP Padre Feijoo e o IES de Allariz, centros de apoio e atención a maiores, como o Centro de Día, o Centro de Valverde e a Residencia de Monterrei, pertencente á Fundación San Rosendo, e asociacións e colectivos como Accem e a Asociación AlvariÇa.

A música puxo o ritmo á xornada coa actuación de De Pé Feito, completando unha festa que volveu converter a Alameda nun punto de encontro interxeracional.

0.12095808982849