Allariz comezará o ano cunha función de teatro, humor, música e ritmo
OurenseXa
O ‘Lafayette Show’ chega este venres á Casa da Cultura de Allariz dentro do programa de Nadal organizado polo Concello

31 Dec 2025
O próximo venres 2 de xaneiro, a Casa da Cultura de Allariz acollerá o ‘Lafayette Show’, un espectáculo cheo de humor, música e ritmo para desfrutar do Nadal.
A función dará comezo ás 18:30 horas e as entradas teñen un prezo de 2 euros con tarxeta de cidadán e 3 euros sen ela.
A función enmárcase dentro das actuacións programadas pola Rede de Auditorios da Provincia de Ourense (ReaOU), promovida pola Deputación en colaboración cos concellos.