Allariz converterase no epicentro do ciclismo de montaña coa celebración da II BTT

OurenseXa
As persoas participantes poderán desfrutar de paisaxes impresionantes mentres percorren rutas que destacan pola súa beleza e diversidade ecolóxica.
Presentación da II BTT Allariz
6 sep 2024

O Campo de Vilanova acolleu hoxe pola mañá a presentación da II edición da BTT Allariz a que asistiron o concelleiro de Deportes, Carlos Puga, os coordinadores deportivos do Concello de Allariz Roberto Naranjo e Javier López e un representante das asociacións ciclistas locais, Club Ciclista Allariz e A Sociedade Ciclista Alaricana que tamén colaboran na actividade.

O próximo 29 de setembro, Allariz converterase no epicentro do ciclismo de montaña coa celebración da II BTT Allariz, un evento que promete emocións fortes e paisaxes espectaculares na comarca. A cita terá lugar no Complexo Vilanova, na Piscina Municipal, e ofrecerá dous percorridos para adaptarse a todos os niveis de experiencia e preparación física.

Dous percorridos para todos os Gustos

As persoas participantes poderán escoller entre dúas opcións de percorrido: unpercorrido longo de 45 quilómetros cun desnivel acumulado de 1450 metros, este traxecto está deseñado para quen teña maior experiencia. A saída será ás 9:00 horas dende o Campo Vilanova, e un percorrido curto de 23 quilómetros, ideal para todos os públicos e máis accesible, que comezará ás 10:00 horas dende o mesmo punto de partida.

Un Día de Deporte e Natureza

As persoas participantes gozarán de avituallamento ao rematar no que haberá avituallamento e comida dispoñible para todas as persoas participantes. Ademais, realizarase un sorteo de agasallos e entregarase un agasallo conmemorativo da proba ás 200 primeiras persoas inscritas.

Ademais, o propio día da BTT celebrarase un circuito infantil ás 12:00h para que todos os nenos e nenas que desexen participar poidan gozar tamén deste evento deportivo. A actividade será totalmente gratuíta, e quen queira participar deberá anotarse previamente na Piscina Municipal.

Allariz, situado dentro da Reserva da Biosfera "Área de Allariz", ofrece un entorno natural único para a práctica do ciclismo de montaña. As persoas participantes poderán desfrutar de paisaxes impresionantes mentres percorren rutas que destacan pola súa beleza e diversidade ecolóxica.

As inscricións están dispoñibles a través de sportmaniacs.com , cun custo de 17€. Espérase unha gran participación, polo que se recomenda ás persoas interesadas inscribirse canto antes para asegurar a súa praza neste evento que promete ser inesquecible

0.2142870426178