Allariz convoca unha nova edición do concurso de Maios e Coplas

OurenseXa
As persoas interesadas en participar poderán anotarse ata o 28 de abril na Casa da Cultura
maios_allariz
Festa dos Maios, Allariz
8 Apr 2025

O Concello de Allariz convoca un ano máis o concurso de Maios e Coplas para festexar a chegada da primavera. A festa dos maios celebrarase na Alameda o vindeiro 30 de abril, nunha xornada chea de natureza e tradición.

O prazo para presentarse ao concurso estará aberto ata o 28 de abril na Casa da Cultura. O Concello repartirá premios de ata 50 euros entre os participantes e os grupos deberán ser de oito persoas como mínimo.

A festa arrancará o día 30 de abril ás 11.30 horas coa chegada dos Maios á Alameda. Entre as 11.30 e as 13.30 horas terá lugar o concurso de coplas, seguido de música en directo co Grupo de Gaitas De Pé Feito. Os Maios quedarán expostos durante toda a fin de semana e o veredicto do concurso anunciarase o 5 de maio.

⚙ Configurar cookies
0.044007062911987