Allariz dá comezo ás Festas de San Bieito cun programa cheo de música, tradición e animación

OurenseXa
Este xoves terá lugar unha actividade previa cun recital da Agrupación Coral Arnoia na Igrexa de San Bieito
festas-de-san-bieito-allariz
9 Jul 2026

As Festas de San Bieito de Allariz arrancan este xoves 9 de xullo cun amplo programa de actividades que se prolongará ata o domingo, combinando concertos, espectáculos, tradición e actos relixiosos.

A programación abrirase o xoves ás 20.15 horas cun recital da Agrupación Coral Arnoia na Igrexa de San Bieito.

O venres 10 de xullo a Alameda acollerá ás 20.30 horas o espectáculo de rúa "Ñiquiñaque", unha coprodución do Centro Dramático Galego e Espectáculos Valente. A partir das 23.30 horas, a festa trasladarase ao Campo da Barreira coa sesión da discomóbil A Gramola.

O sábado 11 comezará ás 11.30 horas co tradicional desfile de Xigantes e Cabezudos, acompañados pola agrupación De Pé Feito. Pola tarde, ás 20.00 horas, a Banda Unión Musical de Allariz ofrecerá un concerto na Alameda. A música continuará no Campo da Barreira co baile do grupo Acirema ás 21.00 horas e co concerto de Gin Toni's a partir das 00.00 horas.

O domingo 12 de xullo, última xornada das festas, abrirase ás 10.00 horas cos pasarrúas da banda local. Ás 11.00 horas celebrarase a procesión do patrón, seguida da actuación do Grupo Castro Floxo ás 12.30 horas na Praza do Matadoiro e dun novo concerto da Banda Unión Musical de Allariz ás 13.30 horas no Campo da Barreira.

O broche final chegará coa actuación da Orquestra Panamá, ás 21.00 horas no Campo da Barreira, e co espectáculo pirotécnico de Josman, previsto para as 00.00 horas no Campo de Vilanova.

PROGRAMA COMPLETO DAS FESTAS DE SAN BIEITO DE ALLARIZ

0.12534689903259