Allariz e Aseia renovan a colaboración para fomentar a saúde emocional entre a mocidade

OurenseXa
A Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia e o Concello de Allariz veñen de asinar un  convenio para continuar co programa Alento
casa_concello_allariz
Concello de Allariz
5 Feb 2025

O Concello de Allariz, a través da súa Área de Benestar Social, renovou un ano máis o acordo de colaboración coa Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia (Aseia). Este convenio, que leva en vigor unha década, ten como finalidade ofrecer apoio psicolóxico á xuventude mediante o programa Alento.

O programa Alento crea un espazo tanto individual como grupal no que os mozos e mozas poden traballar aspectos emocionais e sociais fundamentais para o seu desenvolvemento persoal. Gracias a esta iniciativa, moitos rapaces e rapazas poden contar cun acompañamento profesional que impulsa o seu crecemento emocional e social.

Desde o Concello de Allariz resaltan a importancia de manter este tipo de acordos para asegurar recursos que apoien o benestar mental da mocidade. Aposta tamén por un enfoque preventivo e de apoio constante para afrontar os desafíos emocionais propios da infancia e adolescencia.

0.17017793655396