Allariz encheuse de cor e tradición para festexar Os Maios

O Concello de Allariz convocou un ano máis o concurso de Maios e Coplas para festexar a chegada da primavera. A festa dos maios celebrouse na Alameda o pasado xoves, 30 de abril, nunha xornada chea de cor, natureza e tradición, amenizada pola Grupo de Gaitas De Pé Feito.
Decenas de veciños e visitantes achegáronse para contemplar as propostas de esta ano, así coma para desfrutar das coplas. Durante toda a fin de semana, os maios seguirán expostos no Paseo da Alameda para quen queira achegarse a contemplalos.
O Concello repartirá premios de ata 50 euros entre os participantes. O fallo, tanto na modalidade de Maios coma na de Coplas, realizarase o luns, 5 de maio, e será publicado nas redes sociais e na páxina web do Concello de Allariz.
A festa arrancará o día 30 de abril ás 11.30 horas coa chegada dos Maios á Alameda. Entre as 11.30 e as 13.30 horas terá lugar o concurso de coplas, seguido de música en directo co Grupo de Gaitas De Pé Feito. Os Maios quedarán expostos durante toda a fin de semana e o veredicto do concurso anunciarase o 5 de maio.