Allariz entrega o Premio 'RiR contigo' a Miguel de Lira

OurenseXa
O Festival RiR (Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia) puxo fin este sábado á súa séptima edición, que arrancou o pasado día 1 de setembro.
Miguel de Lira
8 sep 2024

O Festival RiR (Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia) puxo fin este sábado á súa séptima edición, que arrancou o pasado día 1 de setembro. Unha cita centrada no humor onde as curtas de humor de diferentes países e actividades paralelas como espectáculos teatrais e musicais fixeron que os espectadores poideran gozar ao máximo deste evento. Na edición deste ano proxctáronse 35 das 291 curtametraxes de comedia recibidas pola organización.

Como peche final desta edición, o festival entregou premio 'RiR Contigo', que se outorga para premiar traxectorias dedicadas á comedia, ao actor galego Miguel de Lira, en recoñecemento á súa extensa traxectoria na comedia. En edicións pasadas foron premiados Carlos Blanco, Luis Davila, Xosé A. Touriñán, Isabel Risco ou Manquiña, na edición pasada.

0.14637684822083