Allariz festexa o Día das Bibliotecas cun gran éxito de participación
O Concello de Allariz festexa este mércores, 23 de outubro, o Día das Bibliotecas, cunha actividade dirixida aos máis pequenos que terá lugar na Biblioteca Municipal.
Desde o Concello poñen en valor o gran éxito que acadou esta actividade, titulada 'Canticontos de Choiva e Fragas con Getse Valenzuela', que logrou esgotar todas as prazas ofertadas.