Allariz organiza o concurso fotográfico "Capturando a primavera"

OurenseXa
A participación a este concurso está aberta ao público en xeral e as solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro 30 de abril
concurso_foto_primavera_allariz
Concurso
19 abr 2024

A Casa da Mocidade de Allariz organiza o Concurso de Fotografía "Capturando a Primavera en Allariz", unha oportunidade para que a veciñanza e as persoas visitantes mostren o seu talento creativo a través da lente dunha cámara ou móbil, capturando a beleza e o espírito da primavera no concello.

A participación a este concurso está aberta ao público en xeral e dende o Concello animan a todas as persoas a participar nesta actividade. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 30 de abril ás 23.59 horas.

As inscricións poden formalizarse a través do correo mocidade@allariz.gal ou nos teléfonos 988 680 434 e 988 442 107.