Allariz organiza un novo roteiro temático dedicado á etapa románica da vila

O Concello de Allariz continúa coa programación dos Roteiros Temáticos 2026 cunha nova visita guiada que permitirá aos participantes afondar na historia medieval da localidade.
A actividade, titulada “Vila e Corte Románica”, celebrarase o vindeiro 8 de agosto a partir das 20.00 horas e ofrecerá un percorrido polos espazos e elementos patrimoniais vinculados ao pasado románico de Allariz.
A iniciativa pretende achegar aos asistentes unha visión diferente da historia da vila, descubrindo algúns dos seus principais atractivos patrimoniais a través dunha visita guiada.
As persoas interesadas en participar deberán realizar inscrición previa ou reservar praza a través do teléfono 609 474 976 ou do correo electrónico turismo@xeitura.com.