Allariz organiza unha camiñada guiada para persoas maiores para celebrar o San Xoán

Allariz organiza este martes o Camiño das Herbas de San Xoán, unha camiñada guiada e compartida pensada especialmente para persoas maiores, coa que se busca celebrar unha das datas máis máxicas do ano conectando coa natureza e coas tradicións locais.
A iniciativa permitirá ás persoas participantes descubrir e recoller as herbas tradicionais de San Xoán nun percorrido pola contorna, fomentando a convivencia e o desfrute do medio ambiente en grupo.
A actividade celebrarase o martes 23 de xuño ás 9:00 horas, con punto de encontro no Fogar dos Maiores, situado na Barreira número 3.
Desde a organización aníman a participar nesta proposta comunitaria, destacando o valor de compartir a experiencia e o entorno natural de Allariz. As persoas interesadas poden obter máis información no propio Fogar dos Maiores, no teléfono 988 554 059 ou no correo electrónico fogardosmaiores@allariz.gal.