Allariz presenta a programación das Festas de San Bieito 2026 con música, teatro e animación de rúa

OurenseXa
As celebracións desenvolveranse do 10 ao 12 de xullo e incluirán actividades previas o xoves 9 con recital clásico na Igrexa de San Bieito
presentacion-festas-de-san-bieito-alariz-2026
26 Jun 2026

O Concello de Allariz vén de presentar a programación das Festas de San Bieito 2026, unha axenda cultural e de lecer deseñada para veciños, veciñas e visitantes, centrada na música, o teatro e a animación de rúa.

A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e o concelleiro de Cultura, Alberto Conde, foron os encargados de dar a coñecer un programa co obxectivo de dinamizar o espazo público e potenciar a actividade cultural no municipio mediante propostas inclusivas.

As festas desenvolveranse entre o venres 10 e o domingo 12 de xullo, cunha actividade previa o xoves 9 como prólogo musical.

O xoves 9 abrirase a programación cun recital clásico na Igrexa de San Bieito, a cargo da Agrupación Coral Arnoia, que actuará ás 20:15 horas.

O venres 10 comezará a programación central ás 20:30 horas na Alameda coa posta en escena de “Ñiquiñaque”, unha coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) e Espectáculos Valente. A partir das 23:30 horas, a actividade trasladarase ao campo da Barreira coa discomóbil A Gramola.

O sábado 11 iniciarase ás 11:30 horas co desfile de Xigantes e Cabezudos, que partirán da Casa da Cultura acompañados pola agrupación De Pé Feito. Xa pola tarde, ás 20:00 horas, a Banda Unión Musical de Allariz ofrecerá un concerto na Alameda. A noite continuará na Barreira ás 21:00 horas co grupo Acirema e ás 00:00 horas co concerto dos Gin Toni’s.

O domingo 12 abrirase ás 10:00 horas cos pasarrúas da banda local, que darán paso á Procesión do Patrón ás 11:00 horas, na que participarán os Xigantes e Cabezudos, De Pé Feito, a Banda Unión Musical de Allariz e o Grupo Castro Floxo da Escola Provincial de Danza.

A programación cultural do domingo continuará ás 12:30 horas na Praza do Matadoiro coa actuación do Grupo Castro Floxo en solitario, e ás 13:30 horas cun novo pase da banda na Barreira. O peche musical chegará ás 21:00 horas coa orquestra Panamá na Barreira, mentres que o broche final será ás 00:00 horas co espectáculo de pirotecnia de Josman no Campo de Vilanova.

No que respecta aos actos relixiosos, o Concello indica que os horarios de oficios, novena e misas solemnes poden consultarse no programa oficial das festas.

PROGRAMA COMPLETO DAS FESTAS DE SAN BIEITO 2026

0.12604308128357