Allariz programa un novo roteiro temático para descubrir a súa etapa como vila e corte románica

O Concello de Allariz continúa coa programación dos Roteiros Temáticos 2026 cunha nova visita guiada dedicada á historia e ao patrimonio da vila. A actividade, titulada "Vila e Corte Románica", celebrarase o vindeiro 8 de agosto ás 20.00 horas.
A proposta permitirá ás persoas participantes coñecer distintos aspectos do pasado histórico de Allariz a través dun percorrido guiado centrado na súa etapa como vila e corte románica, achegando información sobre o seu patrimonio e os principais elementos vinculados a este período.
As persoas interesadas en participar deberán realizar inscrición previa. As reservas poden efectuarse no teléfono 609 474 976 ou a través do correo electrónico turismo@xeitura.com.