Allariz recicla unha media de 27 quilos de envases por persoa ao ano

OurenseXa
Cun aumento notable na cantidade de residuos reciclados, o concello logrou recoller un total de 175.280 kg, superando os 171.300 kg do ano anterior.
contenedor
contenedor
1 mar 2024

Allariz leva anos promovendo prácticas sostibles e responsables e que mellor recoñecemento que os resultados positivos alcanzados no ámbito do reciclaxe durante o ano 2023.

Cun aumento notable na cantidade de residuos reciclados, o concello logrou recoller un total de 175.280 kg, superando os 171.300 kg do ano anterior. Este incremento representa un aumento de 3.980 kg, equivalente ao 2,3% en comparación co ano anterior. Ademais, este progreso traduciuse nun incremento económico significativo, cun total de 5.641,86 € en ingresos xerados para o concello, alcanzando así a suma de 57.056,83 €.

Cabe destacar o compromiso da veciñanza co medio ambiente, xa que Allariz sitúase como un dos referentes en Galicia en termos de taxa de reciclaxe. Cunha taxa por enriba dos 27 kg por habitante e ano, o concello demostra a súa implicación cara a un futuro máis sostible.

A pesar destes logros, o Concello de Allariz recoñece que aínda queda moito por facer. É evidente que algúns residentes non están a cumprir coa obriga de separar axeitadamente os seus residuos, especialmente aqueles depositados no contedor amarelo. Por iso, facemos un chamamento á responsabilidade individual e agradecemos a cidadanía exemplar que contribúe de maneira activa ao proceso de reciclaxe.

O concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, reafirma o seu compromiso de seguir avanzando cara a unha xestión de residuos máis eficiente e sostible. Nun contexto onde a aplicación de novas normativas esixe unha revisión das nosas prácticas, Allariz prepárase para afrontar estes desafíos con determinación e vontade.