Allariz recoñece a traxectoria dos doutores Devesa e Solla nun acto de homenaxe na XI Asemblea da Irmandade da Sanidade Galega

OurenseXa
Como parte da homenaxe, realizouse a descuberta dunha placa no Centro de Saúde de Allariz
nova-praca-cs-allariz
12 May 2026

Allariz acolleu este pasado sábado un emotivo acto de recoñecemento aos doutores Manuel Devesa Muñiz e José Manuel Solla Camino, no marco da XI Asemblea da Irmandade da Sanidade Galega.

A xornada serviu para poñer en valor a súa ampla traxectoria profesional e a súa dedicación ao longo dos anos no Centro de Saúde de Allariz, onde desenvolveron o seu labor asistencial.

Como parte da homenaxe, realizouse a descuberta dunha placa no propio centro sanitario, un xesto co que se quixo simbolizar o agradecemento da veciñanza a quen durante anos foi coñecido de forma próxima como “os Manolos”, pola súa atención continuada e trato próximo á cidadanía.

O programa incluíu tamén un acto institucional na Casa da Cultura de Allariz, onde ambos profesionais foron nomeados Irmandiños de Honra. Durante a cerimonia destacouse o seu compromiso co uso do galego no ámbito sanitario, así como a súa implicación coa identidade local.

O acto puxo o acento na dimensión humana da práctica médica, salientando o seu papel como servizo á comunidade ao longo da súa carreira profesional no municipio

0.13611578941345