Allariz revive os oficios tradicionais nunha nova edición da Fornada do Mato

OurenseXa
A programación incluirá un obradoiro infantil, actuacións musicais e unha foliada aberta a todas as idades
fornada-do-mato-allariz
1 Aug 2026

A localidade do Mato, en Allariz, celebra este sábado unha nova edición da Festa da Fornada, unha cita que rende homenaxe a un dos oficios e costumes máis vinculados á tradición popular da contorna.

A programación arrancará ás 19.30 horas cun obradoiro infantil de elaboración de bolos de pan, unha actividade pensada para achegar aos máis pequenos o proceso tradicional de elaboración deste alimento.

Media hora máis tarde, ás 20.00 horas, será a quenda da música coa actuación da Agrupación De Pé Feito, á que se sumarán os cantos de taberna interpretados polo grupo Xolda.

A festa rematará ás 22.30 horas cunha foliada popular, na que a música tradicional será a protagonista para poñer o broche final á celebración.

Será unha xornada aberta a todas as idades na que o pan, a música tradicional e a convivencia serán os eixos centrais dunha tarde dedicada á posta en valor das tradicións populares.

0.14141488075256