Alumnado do CPI de Padrenda participará o vindeiro domingo nunha andaina por un tramo do Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro

O Concello de Padrenda fixo entrega hoxe de camisetas do Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro aos 15 alumnos e alumnas do CPI de Padrenda, que participarán nun tramo desta ruta xacobea.
A actividade enmárcase dentro da preparación dun percorrido no que a rapazada realizará unha fase do camiño, promovendo a participación e o coñecemento do itinerario do Miñoto Ribeiro.
Así mesmo, dende a organización faise un chamamento á veciñanza para sumarse ao grupo xuvenil nunha andaina prevista para o venres 22 de maio, que cubrirá o tramo entre Azureira e Lavandeira. A saída está programada para as 10:00 horas desde Azureira, no municipio de Padrenda.