Alumnos do campus de Ourense compiten en Alemania co seu dron MIR-10

OurenseXa
O equipo Aerotech, formado por alumnos e alumnas do campus de Ourense, están a competir no Air Cargo Challenge 2024, un dos certames máis importantes de aeronaves de competición
Membros do equipo Aerotech
11 Jul 2024

O equipo UVigo Aerotech, formado por alumnado do campus de Ourense, está a competir en Alemaña na Air Cargo Challenge 2024, un dos certames máis importantes de aeronaves de competición.

Os alumnos, pertencentes principalmente á Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, levan á competición o seu dron MIR-10.

O certame, no que o equipo ourensán participa por segunda vez, celébrase ata este venres na localidade alemá de Aachen.

"Chegar a competir en Alemaña cun dron propio foi posible grazas ao esforzo e dedicación dun equipo multidisciplinario”, sinalan desde a UVigo. Ademáis, aseguran que o novo dron "representa un significativo avance respecto ao seu predecesor".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18159914016724