Amarillo Trece levará a súa proposta musical a Celanova

O grupo Amarillo Trece actuará o vindeiro xoves 30 de xullo no Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador de Celanova, nun concerto que dará comezo ás 22.30 horas e que achegará ao público a proposta musical desta formación ourensá.
As súas cancións percorren diferentes emocións e temáticas, con presenza do amor e o desamor, pero tamén da crítica e da desconformidade, sempre combinadas cunha proposta pensada para cantar e bailar.